Uxía Lambona e a Banda Molona celebran o Entroido cun pildorazo de punk rock e folk. Unha canción que, baixo ritmos cheos de enerxía e diversión, ven acompañada dunha letra que repasa todos os ingredientes tradicionais e de orixe pagá que conxugan esta festa. Unha exaltación da herdanza, a ledicia e as esmorgas infinitas desta tempada, dirixida a nenas e nenos de todo o mundo.
Nenos e adultos poden xa mergullarse na máxia desta gran celebración escoitando o tema en todas as plataformas dixitáis ou vendo o seu videoclip, onde máscaras, traxes e tradición cobran vida ao compás de Uxía Lambona.
Uxía Lambona e a Banda Molona nace no ano 2014 como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende divertir aos nen@s, achegándolles os temas tradicionais galegos e outros propios, dunha forma nova e atractiva, utilizando estilos musicais diversos como rock, ska, reggae, rap, folk, etc. achegando cultura e tradición dende a música contemporánea e a animación.
Uxía Lambona e a Banda Molona “Entroido” (ALENDE/Altafonte, 2025)
Mesturado e martirizado por Luis Antelo, Estereoarte.