Son Galaico estrearase en Santiago de Compostela por todo o alto cun dobre “sold out” na Casa das Crechas. O grupo galego esgotou en menos de 12 horas as entradas para o concerto previsto o sábado 9 de maio, postas á venda a través da plataforma Woutick, confirmando o gran momento de proxección que atravesa e a expectación xerada arredor deste primeiro encontro co público compostelán.
Ante a alta demanda, a banda anunciou poucos días despois unha segunda data para o venres 8 de maio, tamén na Casa das Crechas, que volveu colgar o cartel de entradas esgotadas en apenas dous días. Deste xeito, Son Galaico suma dous concertos consecutivos con aforo completo no seu debut en Santiago, consolidando o seu crecemento e o respaldo do público nun dos escenarios máis emblemáticos da cidade.
Son Galaico trae á escena ritmos folk do mundo celta —Galicia, Irlanda, Escocia…— que, mesturados con estilos como o country, o pop rock e a música electrónica, crean un son fresco e actual capaz de conectarcon todo tipo de públicos.
É unha proposta profundamente ligada á terra, á natureza e á vida rural. Esa identidade reflíctese tanto na súa música como na actitude do grupo, marcada pola cercanía, a naturalidade e o goce compartido.
O seu lema é claro: pasalo ben facendo música, xa sexa nunha leira ou enriba dun escenario.
As cancións de Son Galaico contan historias divertidas, épicas e emotivas que provocan unha conexión emocional profunda. A actitude alegre e á vez tranquila do grupo está conquistando a público non só de Galicia, senón tamén de España e outros países.
Música que nace da morriña pola terra.
Folk, frescura enerxía e paixón!