Son Galaico anuncia concerto en Compostela

Son Galaico actuará por primeira vez en Santiago de Compostela o sábado 9 de maio de 2026 na Casa das Crechas. As entradas están dispoñibles en Woutick.com.

O dúo formado por Aaron (voz principal e guitarra) e Hugo (gaita) presentarán un concerto acústico respondendo á alta demanda que a formación leva recibindo dende que comezaron o proxecto o verán pasado. 

As cancións de Son Galaico contan historias divertidas, épicas e emotivas que transportan ao oínte a outras épocas e situacións, favorecendo unha conexión emocional profunda coa súa música.

Desde os seus inicios, moitas persoas atoparon neste proxecto unha vía de escape fronte a unha vida rápida, moderna e ruidosa. A actitude alegre e á vez tranquila de Son Galaico foi atraendo público non só de Galicia, senón tamén doutras zonas de España e doutros países.

Música que nace da morriña pola terra. Folk, frescura enerxía e paixón!

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.