Son Galaico, folk, frescura, enerxía e paixón!

Son Galaico trae á escena ritmos folk do mundo celta —Galicia, Irlanda, Escocia…— que, mesturados con estilos como o country, o pop rock e a música electrónica, crean un son fresco e actual capaz de conectar con todo tipo de públicos.

É un proxecto profundamente ligado á terra, á natureza e á vida rural que define lugares como Galicia. Esa identidade reflíctese tanto na súa música como na actitude do grupo, marcada pola cercanía, a naturalidade e o goce compartido. O seu lema é claro: pasalo ben facendo música, xa sexa nunha leira ou enriba dun escenario. Esa alegría sincera contáxiase ao público, sen importar a idade nin a procedencia.

As cancións de Son Galaico contan historias divertidas, épicas e emotivas que transportan ao oínte a outras épocas e situacións, favorecendo unha conexión emocional profunda coa súa música.

Desde os seus inicios, moitas persoas atoparon neste proxecto unha vía de escape fronte a unha vida rápida, moderna e ruidosa. A actitude alegre e á vez tranquila de Son Galaico foi atraendo público non só de Galicia, senón tamén doutras zonas de España e doutros países.

Música que nace da morriña pola terra. Folk, frescura enerxía e paixón!

Non se atoparon publicacións relacionadas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.