Cun garage-punk descarado e sen filtros, Lisdexia gaña terreo como unha das bandas máis auténticas da escena galega. Non veñen salvar o mundo, veñen facelo bailar. En abril de 2025 publicaban “Esclavos do baile”, un EP de garage e punk; sarcástico, emocionante e repleto de enerxía.
Agora, estes himnos incendiarios cobran vida no escenario dos festivais de verán.
Cun directo consolidado en multitude de salas e festivais por toda a comunidade, Lisdexia presenta agora o seu novo EP “Esclavos do baile”: seis himnos incendiarios que lanzan consignas que van dende a sátira lingüística ata a épica da resaca, sempre cunha conclusión clara: se queda vida, queda festa.
Un traballo que os sitúa como unha das máis emocionantes propostas da escena actual.
Lisdexia tece un son propio, mesturando o seu garge-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, dando forma a un estilo propio e enérxico pensado para prender as pistas.
O resto é silencio… ata que empece o baile.
Concertos Lisdexia:
8 agosto. Castelo Rock, Culleredo
9 agosto. Festa Brava, Cangas
26 agosto. Castelo Conta. Culleredo
5 setembro. RockInRian, Rianxo
6 setembro. Fene Rock, Ferrol
19 setembro. Caudal Fest, Lugo