raze publica EP debut ºoº

ºoº é o EP debut de raze, artista multidisciplinar queer de Vigo, cuxa proposta transita entre o pulso nocturno do club, os ritmos caribeños e o pop contemporáneo.

Este EP explora a transformación, o desexo e o movemento desde un universo onde conviven corpo, imaxe e son. Cunha proposta lingüística híbrida, co uso do galego, inglés e castelán, raze tende unha ponte entre o local e o internacional, e , constrúe unha paisaxe sonora onde a enerxía rave, a sensibilidade melódica e a experimentación conviven en tensión constante.

O CS A Nubeira de Vigo acollerá a festa de presentación, o sábado 30 de maio ás 20:00 h, e contará coa proxección do audiovisual ºoº, DJ sets e máis sorpresas.

Os adiantos “brumbrum” -carta de presentación visceral e industrial-, “mágiK” -mística e atmosférica, mesturando pop electrónico, percusión tribal e resonancias caribeñas- e “doze” -puro pulso de club en lingua galega-, xa permitiron descubrir distintas caras do imaxinario de raze e a ligazón á súa identidade raíz.

O EP complétase con “in.tu”, unha canción nacida entre Mykonos, Vigo e Madrid, sobre amor e desexo, abordada desde un prisma imaxinativo e esperanzador. 

“11:12” é o peche emocional do EP, un tema de construción progresiva que viaxa desde o piano e a voz cara a unha explosión electrónica e coral luminosa.

raze investiga a tensión entre opostos —o orgánico e o electrónico, escuridade e luz, intimidade e provocación, levada ao directo nunha proposta escénica expandida onde o compoñente visual, o corpo e a experiencia inmersiva ocupan un papel central.

Entre as súas referencias conviven Arca, The Beatles, Rosalía, Caroline Polachek, Charli XCX ou SOPHIE, trazando unha proposta onde club, emoción e experimentación dialogan.

Non se atoparon publicacións relacionadas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.