raze estréase cos sinxelos “brumbrum” e “mágiK”

A artista galega raze presenta a súa proposta con dous primeiros singles, “brumbrum” e “mágiK”.

“brumbrum” é unha peza de electrónica visceral e minimalista que marca o debut de raze cunha declaración de intencións. A canción fusiona unha produción industrial, con influencias do Vogue beat, cunha voz que oscila entre o íntimo e o provocador, creando unha paisaxe sonora que evoca movemento e transformación.

O título onomatopeico suxire unha viaxe, reflectindo o momento de cambio da artista. Cunha estrutura non convencional e unha estética visual coidada. A súa lírica habita a noite, xogando coas máscaras, o corpo e o desexo, convidando en cada escoita a unha experiencia transformadora.

“mágiK” é unha exploración de raze que combina elementos da música caribeña con pop electrónico e música tribal, para crear unha atmosfera envolvente.

A produción etérea entrelázase cunha lírica introspectiva, convidando a unha viaxe sensorial e emocional. A canción destaca pola súa capacidade para evocar imaxes e sensacións, funcionando como un feitizo sonoro que conecta o terreal co espiritual.

“mágiK” consolida a proposta artística de raze, mostrando a súa habilidade para crear obras que transcenden o musical e convértense en experiencias inmersivas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.