raze estrea in.tu, primeira entrega de ºoºaudiovisual

in.tu” é unha viaxe sonora e lingüística que nace da morriña pola lingua galega. A partir dese sentimento, a canción reinterpreta o idioma desde unha mirada propia, fusionándoo cun retrouso en inglés que tende unha ponte entre o local e o internacional.

O tema xorde durante unha das residencias creativas do EP ºoº en Mykonos e toma forma entre Vigo e Madrid. Xunto ao produtor Marrit, a artista constrúe unha canción enérxica sobre o amor e o desexo, abordados desde un prisma imaxinativo e esperanzador. A mestura corre a cargo de Pablo Martín (rusowsky, Ralphie Choo, Amaia).

Agora, “in.tu” dá un novo paso coa estrea da súa peza audiovisual, unha proposta que amplía o universo creativo da canción e acompaña visualmente unha historia que conecta identidade, emoción e modernidade.

ºoº é o EP debut de raze, artista multidisciplinar queer de Vigo, cuxa proposta transita entre o pulso nocturno do club, os ritmos caribeños e o pop contemporáneo.

Este EP explora a transformación, o desexo e o movemento desde un universo onde conviven corpo, imaxe e son. Cunha proposta lingüística híbrida, co uso do galego, inglés e castelán, raze tende unha ponte entre o local e o internacional, e , constrúe unha paisaxe sonora onde a enerxía rave, a sensibilidade melódica e a experimentación conviven en tensión constante.

raze investiga a tensión entre opostos —o orgánico e o electrónico, escuridade e luz, intimidade e provocación, levada ao directo nunha proposta escénica expandida onde o compoñente visual, o corpo e a experiencia inmersiva ocupan un papel central.

Entre as súas referencias conviven Arca, The Beatles, Rosalía, Caroline Polachek, Charli XCX ou SOPHIE, trazando unha proposta onde club, emoción e experimentación dialogan.

raze estará presentando o seu novo EP ºoº en directo durante o 2026, consulta as datas aqui.

Non se atoparon publicacións relacionadas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.