Terceiro single da catapultada raze, “dozeº” profundiza no son nocturno do club, xa saboreado nos anteriores lanzamientos, pero esta vez, chega dunha forma completa, mesturado cunha sutileza íntegra, ritmos que parten dende a electrónica máis clásica (electro class) ata á vertebralidad dos ritmos máis caribeños, presentes na identidade raíz do artista.
raze é unha artista multidisciplinar queer e viguesa, que chega nun momento de transición musical no que consegue un equilibrio harmónico entre a espontaneidade e a esencia máis crúa.
A súa proposta destaca pola profundidade lírica e a riqueza sintética, e pola promesa dun arte de longo consumo: unha obra circular e compacta, representada por unha cebola de cristal. A primeira lectura permite ver o interior, pero só quen se atreve a desollar capa a capa poderá admirar a súa nitidez e complexidade.
A súa investigación artística parte da contraposición de conceptos opostos: natureza e industrialización, electrónico e orgánico, feminidade e masculinidade, escuridade e luz. O uso da linguaxe en raze ten un enfoque naturista e social, explorando novos termos, pronunciacións híbridas e unha ortografía simbólica que reforza a súa visión estética.
A firma de raze está presente en todas as disciplinas que habita: produción musical, coreografía, moda, deseño gráfico e audiovisual. Cunha mente directiva e unha visión macro do seu universo creativo, constrúe un proxecto 360º cunha forte riqueza dramatúrxica.
raze chega para quedarse, cunha proposta sólida e cada vez máis persoal. A artista galega camiña cara a converterse nunha voz esencial do novo son do norte.