O audiovisual de ºoº , o EP debut de raze, xa pode verse completo en YouTube. A peza propón un percorrido sonoro e visual polas seis cancións que conforman o traballo, ampliando o universo creativo da artista a través dunha experiencia que une música e imaxe.
ºoº audiovisual é unha obra atravesada pola forza, a maxia, o magnetismo e a experimentación. Nacida en Rande, a peza chega agora ao público para compartir unha proposta que explora a conexión entre o territorio, a creación e a identidade artística de raze.
ºoº é o EP debut de raze, artista multidisciplinar queer de Vigo, cuxa proposta transita entre o pulso nocturno do club, os ritmos caribeños e o pop contemporáneo.
Este EP explora a transformación, o desexo e o movemento desde un universo onde conviven corpo, imaxe e son. Cunha proposta lingüística híbrida, co uso do galego, inglés e castelán, raze tende unha ponte entre o local e o internacional, e , constrúe unha paisaxe sonora onde a enerxía rave, a sensibilidade melódica e a experimentación conviven en tensión constante.
raze investiga a tensión entre opostos —o orgánico e o electrónico, escuridade e luz, intimidade e provocación, levada ao directo nunha proposta escénica expandida onde o compoñente visual, o corpo e a experiencia inmersiva ocupan un papel central.
Entre as súas referencias conviven Arca, The Beatles, Rosalía, Caroline Polachek, Charli XCX ou SOPHIE, trazando unha proposta onde club, emoción e experimentación dialogan.
raze estará presentando o seu novo EP ºoº en directo durante o 2026, consulta as datas aqui.