Melodiam foron as gañadoras do concurso ConxeFest Fish & Hits, unha decisión adoptada polo xurado despois de que os finalistas interpretasen no escenario da Porta do Sol de Vigo, os seus mellores temas.
Entre 138 grupos galegos, un xurado seleccionou cinco e a votación popular en redes sociais elixiu tres.
Este primeiro premio, ademais dun cheque de 5.000 euros, outorgou ás gañadoras a oportunidade de actuar en directo na propia Feira Conxemar.
Melodiam é un dúo de artistas con raíces galegas e base en Berlín.
Almudena e Carlota crean o seu imaxinario a través da dirección de arte, produción e composición dos seus propios proxectos.
Melodiam celebra a diversidade, a autoexpresión e o poder da música para unir ás persoas. Música urbana que abarca desde vibrantes festas de reguetón queer no frío inverno berlinés, ata narrativas irónicas sobre a pandemia, pasando por himnos ao empoderamento así como cancións máis experimentais.
Tras xirar por Arxentina e Chile, continúan traballando en novas cancións con diferentes produtores internacionais. Un repertorio feminista, reivindicativo e empoderador, co que ofrecen unha experiencia visual e sonora cautivadora, adaptada aos tempos de cambio nos que vivimos.