Almudena e Carlota, integrantes do dúo Melodiam, subirán ao escenario do ciclo Atardecer no Gaiás o 7 de agosto, ofrecendo un concerto especial na Cidade da Cultura de Santiago.
Con raíces en Galicia e base en Berlín, Melodiam celebra a diversidade, a autoexpresión e o poder da música para unir ás persoas. Música urbana que abarca desde vibrantes festas de reguetón queer no frío inverno berlinés, ata narrativas irónicas sobre a pandemia, pasando por himnos ao empoderamento así como cancións máis experimentais.
Un repertorio feminista, reivindicativo e empoderador, co que ofrecen unha experiencia visual e sonora cautivadora, adaptada aos tempos de cambio nos que vivimos.