LISDEXIA

Cun rock en galego descarado e sen filtros, Lisdexia gaña terreo como unha das bandas máis auténticas da escena galega. Non veñen salvar o mundo, veñen facelo bailar.

Cun directo consolidado en  multitude de salas e festivais por toda a comunidade, Lisdexia presenta agora o seu novo EP “Esclavos do baile”: seis himnos incendiarios que lanzan consignas que van dende a sátira lingüística ata a épica da resaca, sempre cunha conclusión clara: se queda vida, queda festa.

Un traballo sarcástico, emocionante e repleto de enerxía, que os destaca na escena actual. 

Lisdexia tece un son propio, mesturando garage e punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, dando forma a un estilo propio e enérxico pensado para prender as pistas.

O resto é silencio… ata que empece o baile.

Lisdexia é unha formación de rock en galego, orixinaria de Muros (A Coruña), composta por Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Antón Vara (baixo), Chema Caamaño (batería) e Javier Fernández (guitarra).

Escoita Lisdexia en Spotify

Videoclips

Próximos concertos

DE BALDE

Máis de Lisdexia

LISDEXIA

Lisdexia é unha das bandas máis prometedoras do panorama galego.

Cunha sólida traxectoria, que os levou xa por multitude de salas e festivais de toda a comunidade, presentan agora o seu novo EP “Esclavos do baile”. Un traballo que os sitúa como unha das máis emocionantes propostas da escena actual.

Co seu estilo xenuino, mesturan sons da música tradicional, o pop e mesmo o funk, conformando unha proposta renovada coa que revolucionar as pistas de baile.

Lisdexia é unha formación de punk-rock orixinaria de Muros (A Coruña), inspirada por  Terbutalina, Siniestro Total, Novedades Carminha ou Carolina Durante, e nacida coa idea de facer música punk en galego. A banda evolucionou co paso do tempo grazas á súa constante inspiración e á mestura de diferentes sons que conforman o seu estilo actual.

Lisdexia

Escoita Lisdexia en Spotify

Videoclips

Próximos concertos

DE BALDE

Máis de Lisdexia

OUTROS ARTISTAS

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.