Lisdexia presenta xira de verán 2026

A banda muradá Lisdexia continúa consolidando o seu mellor momento cunha nova xira de verán que os levará por salas e festivais de toda Galicia nos próximos meses. Tras esgotar entradas en Compostela e presentar o seu celebrado EP “Esclavos do Baile“, o grupo confirma agora novas datas en localidades como Combarro ou Sarria.

O cartel da xira inclúe paradas en escenarios xa emblemáticos da escena galega, combinando salas e festivais ao aire libre, nun directo que converteu a Lisdexia nunha das propostas máis incendiarias e festivas do panorama actual. Cunha mestura de garage, punk-pop, retranca e espírito verbeneiro, a banda segue ampliando público grazas a un repertorio cada vez máis orientado ao baile e á conexión co público.

Ademais, a banda anunciará novas datas próximamente.

Formados en Muros, Lisdexia evolucionaron desde un rock máis directo ata unha fórmula propia onde tamén teñen cabida o funk, o pop e referencias á música tradicional galega. O seu último traballo, “Esclavos do Baile“, consolidounos como unha das bandas emerxentes con maior proxección dentro da nova escena galega.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.