Filloas sorprende cun novo remix de “galicia”

Filloas trae ritmos novos á música en galego co remix dun dos seus hits en directo. “galicia (remix)” contén a retranca propia do artista, envolvida en sons electrónicos de primeiro nivel que nos lembran a intensidade e conexión co seu público.

Hyperpop repleto de ironía e sarcasmo, que nos avanza un son renovado para un dos artistas máis singulares da nova xeración de música galega.

Para celebrar o día de Galicia 2024,  Filloas volta coa mestura do seu xa emblemático “Galicia”, no que mistura trap, música tradicional e electrónica para poñer a bailar a todo o mundo este verán. 

Neste tema, explora a visión da súa identidade galega, lonxe dos clichés imperantes na sua terra. Isto faise latente na portada do sinxelo, no que un heroico Filloas voa por diante da Catedral de Santiago de Compostela. Nesta remistura destaca a forza da parte EDM, confirmando como Filloas está a explorar a sonoridade do hyperpop para este album. Este tema reforzase cun videoclip novo que tamén “remistura” o videoclip orixinal, cunha edición sobresaturada de efectos e memes típicos galegos.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.