Filloas presenta o seu novo EP “a inesperada virtude da ignorancia”

Filloas presenta “a inesperada virtude da ignorancia”, un EP de pop electrónico en galego onde a enerxía do hyperpop convive con letras que abren gretas de reflexión sobre a vida contemporánea.

O universo estético de Filloas bebe de referencias como Matrix, Miyazaki, os videoxogos, o anime ou o K-pop, combinando imaxinario dixital, melancolía e un humor tan acedo como reconocible. Considerado pioneiro do hyperpop en galego, constrúe un son vibrante e acelerado: beats frenéticos, actitude festiva e unha mirada crítica cara aos ritmos impostos dun mundo que nunca se detén.

Este novo traballo reúne cancións que volven demostrar a súa capacidade para transformar a vulnerabilidade nunha experiencia colectiva: temas que invitan a saltar, cantar e pensar mentres bailas.

Os singles de adianto, “google calendar” —con videoclip de Xaime Miranda— e “chat gpt”, xunto ao arxentino Conan Kid, amosaban a faceta máis inmediata e bailable de Filloas.

Baixo as capas de sintetizadores, Filloas cuestiona a presión constante da hiperproductividade: “Pregunteime que lugar ocupa aí un rapaz coma min, que lle dá tanta importancia ás letras e só escribe desde ou vivido. Para que algo me pareza digno dunha canción, necesito darlle voltas… gústame construír narrativas a lume lento.”

Con portadas da ilustradora Uxía Nemiña, colaboradora habitual, “a inesperada virtude da ignorancia” é un exercicio de honestidade emocional: cotiandade e resignación con moito humor, conviven cunha clara vocación de baile e celebración.

Filloas consolídase así como unha das voces máis singulares da nova escena galega. Tras dous LPs e dous EPs publicados desde 2023, e o seu paso por múltiples festivais e salas, presenta agora seis novas cancións pensadas para o directo: unha experiencia sen pausa, onde o corpo se move mentres a cabeza non deixa de pensar.

Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Non se atoparon publicacións relacionadas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.