Próximos concertos de Filloas:
16/06 Sabor a Novo, Santiago
9/07/24 Atlantic Pride, A Coruña
24/07/24 Festigal, Compostela
25/08/24 Festival de la Luz, Boimorto
18/10/24 La Disfrutona, A Coruña
30/11/24 A Arca da Noe, Vilar de Santos
20/12/24 Sala Kominsky, Vigo
Filloas é un artista de pop urbano en galego, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Entre ritmos de pop electrónico, que recordan ao son de artistas como Rojuu, e trap ao máis puro estilo Bad Bunny, atopamos audaces referencias á Galicia máis contemporánea.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.
A música de Filloas é un reflexo das experiencias e preocupacións das novas xeracións e del mesmo.
Coa festa por bandeira, buscando sempre crear sorrisos e transmitir unha mensaxe positiva, Filloas crea composicións tinguidas dunha retranca e identidade propia moi características que o fan un artista inconfundible.
Nos álbums “FILLOAS” (2022) e “o segundo disco xd” (2023), Filloas presenta unha declaración de intencións con cancións como “Mediocre”, “eu visto asi” ou “Galicia”, destacando como un dos máis inquedos entre os artistas emerxentes da escena galega.
Actualmente está a preparar o seu vindeiro álbum.
En directo atoparás autenticidade, diversion e risas. É unha boa festa!