Filloas presenta “google calendar”

“google calendar” é o primeiro sinxelo do novo traballo de Filloas que se publicará ao longo de 2026. 

Esta canción reafirma unha sonoridade enmarcada no hyperpop, no que o artista é pioneiro en Galicia. Este potente hit enmárcase dentro dun mesmo universo, con referencias ás películas de Matrix, o anime e á novela de Momo, representado nun videoclip de Xaime Miranda e nunha portada ilustrada baseada no mesmo. 

“google calendar” trata da rutina e como non podemos escapar dela, exemplificándoo nunha eterna loita entre unha personaxe maligna (que representa á rutina) que se enfronta á nosa protagonista deixando un final pouco esperanzador.

Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte. Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.

O artista ven de estrear “súbete ao EVA” (ALENDE/Altafonte, 2025), álbum que captura o espírito dunha xeración conectada e creativa. Actualmente, prepara o lanzamento dun novo EP, onde o son electrónico que Filloas xa viña adiantando colle forma nun proxecto que promete non ter precedentes.

Non se atoparon publicacións relacionadas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.