Filloas chega Vilaxoán de Arousa o vindeiro sábado 13 de setembro dentro da programación do Festival Revenidas, unha das citas máis importantes do verán para os amantes da música e da cultura galega. As entradas xa están á venda en revenidas.com.
Filloas continúa a súa xira de verán, un percorrido que o levará por diferentes festivais de Galicia, con concertos que prometen intensidade, emoción e moita festa.
Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.
O seu novo álbum, “súbete ao EVA” (ALENDE/Altafonte, 2025, captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.
O artista consegue canalizar a súa paixón pola cultura pop e a música nun álbum que te fará bailar, rir e sentir nostalxia a partes iguais. Filloas presenta unha declaración de intencións, destacando como un dos artistas emerxentes máis inquedos da escena galega.
Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais