O Nachiños Fest confirma a Filloas dentro da programación da sua sexta edición, que se celebrará os días 14, 15 e 16 de agosto no Porto de Curuxeiras, en Ferrol. As entradas están xa á venda en nachinosfest.com.
Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.
O seu novo álbum, “súbete ao EVA” (ALENDE/Altafonte, 2025, captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.
O artista consegue canalizar a súa paixón pola cultura pop e a música nun álbum que te fará bailar, rir e sentir nostalxia a partes iguais. Filloas presenta unha declaración de intencións, destacando como un dos artistas emerxentes máis inquedos da escena galega.