Filloas ao vivo no MIL Lisboa

Filloas será unha das propostas galegas presentes na décima edición do MIL Lisboa, que se celebrará do 7 ao 10 de outubro en Casa Capitão, no barrio lisboeta de Beato. O artista vigués actuará o sábado 10 de outubro, dentro dunha programación que reúne arredor de 60 proxectos procedentes de Portugal, España, Brasil, Francia, Reino Unido, Bélxica, Angola ou Cabo Verde.

Filloas presenta “a inesperada virtude da ignorancia”, un EP de pop electrónico en galego onde a enerxía do hyperpop convive con letras que abren gretas de reflexión sobre a vida contemporánea.

Este novo traballo reúne cancións que volven demostrar a súa capacidade para transformar a vulnerabilidade nunha experiencia colectiva: temas que invitan a saltar, cantar e pensar mentres bailas.

Os singles de adianto, “google calendar” —con videoclip de Xaime Miranda— e “chat gpt”, xunto ao arxentino Conan Kid, amosaban a faceta máis inmediata e bailable de Filloas.

Filloas consolídase así como unha das voces máis singulares da nova escena galega. Tras dous LPs e dous EPs publicados desde 2023, e o seu paso por múltiples festivais e salas, presenta agora seis novas cancións pensadas para o directo: unha experiencia sen pausa, onde o corpo se move mentres a cabeza non deixa de pensar.

Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia de Industrias Culturais.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.