Filloas publica “22 minutos” con video de Xaime Miranda

22 minutos” é o primeiro sinxelo inédito do álbum de Filloas “súbete ao EVA”. Trátase dun potente hit de hyperpop no que se fai unha declaración de intencións acerca do novo son do artista: pop urbano cheo de electrónica con moitas, pero que moitas, referencias á cultura de internet, memes e videoxogos.

Pese a ser o único tema de amor de Filloas, o baile e os ritmos acelerados continúan a ser una constante nesta canción. O nome da canción fai referencia ao videoxogo “Outer wilds”, como se ve na portada con Filloas sobrevoando o espazo nunha nave.

No videoclip desta canción, dirixido por Xaime Miranda, Filloas leva a cabo accións cotiás cun traxe de astronauta.

Músico, fanático dos videoxogos, e de toda a Internet das cousas, sobre todo dos memes, Filloas trae ritmos novos á música urbana en galego.

Coa festa por bandeira, buscando sempre crear sorrisos e transmitir unha mensaxe positiva, Filloas crea composicións tinguídas dunha retranca e identidade propia moi características que o fan un artista inconfundible.

“22 minutos” foi mesturada por Luis Antelo en Estereoarte, e masterizada por Carlos Hernández en El Castillo Alemán. A portada é obra da ilustradora galega @tsukinoshoujo

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.