Cun punk rock descarado e sen filtros, Lisdexia gaña terreo como unha das bandas máis auténticas da escena galega. Non veñen salvar o mundo, veñen facelo bailar. En abril de 2025 publicaban “Esclavos do baile”, un EP de garage e punk; sarcástico, emocionante e repleto de enerxía.
Agora, estes himnos incendiarios cobran vida no escenario.
A festa segue na mesma sala unha vez rematado o concerto, cunha sesión de DJ amenizada polos propios membros da banda e por Bonita e Sabrosa DJs. Os asistentes ao concerto terán prioridade de entrada.

