Eris Mackenzie esgota as entradas para o seu concerto en Casa das Crechas, Santiago de Compostela, o vindeiro xoves 5 de marzo de 2026. A máis de dous meses para a data, o artista coruñés consegue esgotar os tickets para a sua presentación en directo na capital.
Eris Mackenzie é o proxecto do produtor e compositor coruñés Carlos Eirís, que fusiona electrónica de vangarda con elementos da tradición galega.
O artista combina electrónica, minimal-techno ou hardstyle con alalás, jotas e melodías populares para construir un son propio.
Autodidacta, crea desde un espazo moi persoal onde o piano e a produción dixital dialogan.
Tras a publicación do álbum “Meu Ceu” (2025), singles, versións de clásicos da música galega e estatal, e colaboracións con De Ninghures, C Mirazo ou Pauliña, Eris MacKenzie ultima remixes de “Meu Ceu” xunto a outros artistas, mentres traballa no que será ou seu novo EP para comezos do 2026.
A súa presenza na escena galega medra con cada proxecto.