Eris Mackenzie Foto por Elisa Goro

Eris Mackenzie publica o EP “Laíño”, no que inclúe dúas versións

Eris Mackenzie publica “Laíño”, un traballo que combina creación propia e reinterpretación emocional de clásicos da música galega, reafirmando a súa identidade musical entre a tradición e a electrónica contemporánea.

O EP está composto por seis cancións. “Vivir na Coruña”, unha homenaxe á terra de orixe, e “Teño Saudade”, icónica composición de Andrés Do Barro, máis catro cancións orixinais que reflicten o universo sonoro do artista, no que conflúen influencias da electrónica máis pura —hardstyle, minimal e techno— cunha sensibilidade melódica moi persoal.

“Teño Saudade” é unha das pezas máis representativas da música galega contemporánea e un símbolo do espertar cultural de finais dos anos 60, nun contexto no que cantar en galego era tamén unha afirmación identitaria. A canción encapsula ese sentimento que transita entre a nostalxia, a melancolía e o vínculo coa terra e a memoria, tamén asociada á experiencia da emigración. Respectando a esencia melódica orixinal, fai unha relectura contemporánea que conecta pasado e presente, levando un clásico ao terreo da electrónica emocional.

 “Vivir na Coruña” funciona como unha homenaxe directa. Eris Mackenzie transforma unha peza de carácter popular nunha evocación íntima, onde a cidade se converte en paisaxe de emocións sonoras. Reivindica o orgullo de orixe, e complementa a memoria colectiva xunto a “Teño Saudade”.

Con estas versións, o artista busca render tributo a dúas pezas fundamentais da música galega, mostrando o seu respecto e admiración por un legado que marcou a súa traxectoria persoal e artística. Estas influencias esténdense a figuras como Ana Kiro, Xil Ríos e Pucho Boedo, cuxos repertorios forman parte da banda sonora vital de Eris Mackenzie.

O EP “Laíño” representa unha declaración de intencións: tender pontes entre a memoria musical de Galicia e as correntes electrónicas actuais, xerando unha proposta única que conecta pasado e presente desde unha mirada contemporánea. 

EP “Laíño” (ALENDE/Altafonte) producido por Eris Mackenzie xa dispoñible en todas as plataformas.

CONTACTO

Fala con nós

ALENDE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.