Eris Mackenzie ofrecerá un concerto nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela. A actuación será o mércores 29 de xullo na Praza da Quintana, ás 21:00 h, previo ao concerto de Bewis de la Rosa.
A proposta do artista de A Coruña móvese entre o íntimo e o disruptivo, reforzando a súa particular conexión entre a música tradicional galega e a electrónica contemporánea.
Tras a publicación do LP “Meu Ceu: Cantigas industriais e brutalismo emocional” (2025), os EPs “Meu Ceu” (2024) e “Laíño” (2026), Eris Mackenzie ultima agora o lanzamento do seu segundo álbum de estudo.
O pasado mes de xuño adiantaba o sinxelo “I-ANQUE”, un tema que fala claro: menos xuízo e máis liberdade. Sitúanos nun ambiente escuro e abafante que, paradoxalmente, acaba converténdose nun espazo de liberación.