Comeza o mes máis esperado por moitos galegos e galegas, o mes onde o entroido enche as rúas de música, xolda e tradición.
Para a sua conmemoración, Uxía Lambona e a Banda Molona poñen banda sonora cun pildorazo de punk rock e folk. Unha canción que, baixo ritmos cheos de enerxía e diversión, ven acompañada dunha letra que repasa todos os ingredientes tradicionais e de orixe pagá que conxugan esta festa. Unha exaltación da herdanza, a ledicia e as esmorgas infinitas desta tempada, dirixida a nenas e nenos de todo o mundo.
Nenos e adultos poden xa mergullarse na máxia desta gran celebración escoitando o tema en todas as plataformas dixitáis ou vendo o seu videoclip, onde máscaras, traxes e tradición cobran vida ao compás de Uxía Lambona.
Concertos de entroido de Uxía Lambona e a Banda Molona:
- 14/02 Festa da Filloíña, Boqueixón
- 15/02, Porta dol Sol, Vigo
- 16/02, Entroido, Ourense