Filloas publica novo single e videoclip “despawn”
“despawn” é o novo sinxelo do próximo album de Filloas. É un acelerado tema de pop electrónico cheo de estímulos no que reflexiona acerca dos problemas de ansiedade que sufre a súa xeración.
Despawn é un termo que fai referencia nos videoxogos a cando, por un erro de memoria, desaparece unha persoaxe de súpeto da pantalla. Filloas fai un símil de como lle gustaría “desaparecer” por un tempo da realidade para apagar o ruido que supón vivir nos nosos tempos.
Esta canción ten tamén referencias ao Gran Lebowski, co que se identifica tanto na letra coma na portada do sinxelo, amosando un “Filloas” tirado nun sofá cos seus gatos. Todo esto se explora no videoclip deste tema, no que Filloas ten o poder de facer despawn ás persoas que ve agobiadas para liberalas do seu estrés e incomodidade.
O seu novo álbum verá a luz en febreiro de 2025. Como adianto, xa puidemos escoitar as cancións “22 minutos” ou “Galicia Remix”, nas que Filloas anticipaba o seu novo son. Música chea de intensos ritmos electrónicos e letras que exploran reflexións xeracionais, tinguidas dunha retranca e identidade que o fan un artista inconfundible.
“despawn” foi mesturada por Luis Antelo en Estereoarte Vigo, masterizada por Carlos Hernández en El Castillo Alemán, e a portada é obra da ilustradora @tsukinoshoujo
