“adeus” é o tema máis persoal, terceiro e último sinxelo inédito deste traballo. “adeus” é un tema lento, sentido e orquestral no que un melancólico Filloas expresa o estrés que supón para un artista seguir os tempos da industria musical.
Na letra dos retrousos fai referencia a deixalo todo ata un xiro final no que, cun ton positivo que caracteriza ao artista, expresa que aínda non fixo máis que empezar a súa carreira.
A portada fai referencia á serie xaponesa “The End of Evangelion”, unha constante nas letras deste álbum (con innumerables referencias a este anime) e xogando con que esta canción é o final da sua carreira. Esta mesma ilustración colle vida e dinamismo no seu videolyric, enfatizando que a importancia deste tema reside na sua letra e mensaxe.

O seu novo álbum “súbete ao EVA” verá a luz en febreiro de 2025.